DECEMBRO: XOGOS DE CORDAS E GOMAS





Xa nos tardaba que chegase decembro. Este mes adicámolo a xogos de cordas e gomas. Moitos de nós xa coñecíamos algún destes xogos, pero descubrimos outros moitos que nos ensinaron os nosos compañeiros/as e tamén as profes. Resulta que elas de pequenas tamén xogaban á corda e coa goma coma nós. Aprendemos que todas estas actividades nos permiten divertirnos a todos os nenos/as, sen importar outra cousa que pasalo ben. Tamén serven para que non haxa ningún neno xogando so ou sen saber que facer na hora do recreo, e o que é máis importante, facemos exercicio físico dunha forma dinámica e organizada.
Non cabe dúbida que a realización destas actividades está a beneficiar ao alumnado do noso centro, razón pola cal, para ir un paso máis aló, decidimos organizar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º da Educación Primaria para que colaborase na organización dos patios activos no patio de Educación Infantil. Conseguindo desta forma que se fagan máis autónomos e responsables, sendo os encargados de coller e recoller todo o material, e xunto coas mestras vixiantes do recreo, colaborar na explicación do funcionamento dos xogos e controlar que se realizan adecuadamente.
Seguimos informando en próximas entradas. 

Un saudiño amigos e amigas.
Resultado de imagen de GUIÑO


Comentarios