Rabexar, rabexar...



Rabexar, rabexar
– Rabexar, rabexar, mentres o lobo vai mexar
– Eu son o lobo que te hei de comer
– E eu a vaca que te hei escornar.
   que te hei de topar.

Pillar, heite pillar!
Pilleivos!
E ademais, amiguiños e amiguiñas, non vos vou soltar ata que vos conte o que estamos a facer esta semana no proxecto de Recreos Activos.
Pois chegado o mes de abril tocaban os xogos de pillar. Coma sempre reservouse un espazo nos patios para podermos xogar. Nas clases de Educación Física e tamén cos nosos titores aprendimos moitos xogos e mesmo algunhas fórmulas para “botar as sortes”, e deste xeito poder elexir mellor os equipos para os xogos.



Comezou a semana e como non o “pilla-pilla” e o pano foron os protagonistas do luns; o martes tocoulle á “galiña cega” e ao ”cazabolboretas”, no recreo de infantil e de primaria nunca tantos “animaliños” viramos. O mércores chegaron máis animais e “pato, pato, oca” e Araña foron os xogos protagonistas.
O xoves decidimos darlle un pouco de caña: “Alturiñas” e “Conxelado” foron os xogos que fixeron que o patio se enchese de nenos e nenas correndo dun lado para outro x
 Finalmente o venres foi o día de “Polis e cacos” e das “Agachadas”.      
Algún aínda non apareceu!!!!
Graciñas pola vosa participación e a xogar!!!!!
Un saudiño amigos e amigas.
















Comentarios