Polo San Martiño, PEÓNS AO CAMIÑO




Ola de novo amiguiños e amiguiñas ¡
Aquí estamos de novo informándovos de cómo vai o noso Proxecto. Durante este primeiro trimestre estivemos a “pasalo pipa” nos recreos con tódalas actividades que nos tiñan organizadas.




En novembro aprendemos moitas cousas sobre os peóns. Os nosos profes nas aulas e as profes de Educación física explicáronnos qué son os peóns e os diferentes tipos que existen. Pero que mellor forma de aprender que vendo, tocando e practicando; e para iso fixemos unha exposición de peóns (quedamos abraiados con todos os que existían e o diferentes que eran ) e o día do Magosto trouxemos os nosos peóns ou fixémolos na clase e todos os nenos e nenas do cole bailámolos xuntos no patio cuberto. Foi unha experiencia xenial!  

                                                      
 Tamén o pasamos moi ben a Semana dos xogos con peóns. Desfrutamos moito xogando xuntos e ensinándonos trucos uns a outros.








Comentarios